Bruxo Trapalleiro ( autodidacta )
http://youtu.be/jHKDGpV8204
O CONXURO DA QUEIMADA (galego)Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.Demos, trasgos e diaños,espritos das nevoadas veigas.Corvos, pintigas e meigas:feitizos das manciñeiras.Podres cañotas furadas,fogar dos vermes e alimañas.Lume das Santas Compañas,mal de ollo, negros meigallos,cheiro dos mortos, tronos e raios.Oubeo do can, pregón da morte;fuciño do sátiro e pe do coello.Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello.Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes,corpos mutilados dos indecentes,peidos dos infernales cús,muxido da mar embravecida.Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.Con este fol levantareias chamas deste lumeque asemella ao do Inferno,e fuxirán as bruxasa cabalo das súas escobas,indose bañar na praiadas areas gordas.¡Oide, oide! os ruxidosque dan as que non podendeixar de queimarse no augardentequedando así purificadas.E cando este brebaxebaixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos malesda nosa alma e de todo embruxamento.Forzas do ar, terra, mar e lume,a vós fago esta chamada:si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,eiquí e agora, facede cós espritosdos amigos que estan fóra, participen con nós desta Queimada. O autor deste conxuro é Mariano Marcos de Abalo na década do 60 e rematado en 1974